Map Graph

Basílica de San Lourenzo

A Basílica de san Lourenzo é unha das igrexas máis grandes de Florencia; está situada na praza homónima que é a sede do mercado no centro da cidade. Posibelmente, é a igrexa máis antiga de Florencia e é considerada a primeira igrexa plenamente renacentista. Cando foi consagrada, no 393, estaba situada fóra da cidade enmurallada. Durante trescentos anos foi a catedral da cidade denantes que a praza bispal oficial fose transferida á igrexa de santa Reparata. Ten a dignidade de basílica menor.

Read article
Ficheiro:Complesso_di_san_lorenzo_11.JPGFicheiro:Paolo_Monti_-_Servizio_fotografico_(Firenze,_1975)_-_BEIC_6356395.jpg